miércoles, 7 de febrero de 2024

A horta

 Hoxe foi un día especial porque recibimos a visita de Carmen, que ano tras ano nos axuda e asesora no coidado da horta do cole. Para o alumnado da clase de tres anos foi toda unha novidade saír á horta a plantar sementes acompañados tamén polo profe Jose, que se encarga de que a nosa horta dea os seus froitos. Fixemos un semilleiro de chícharos e plantamos repolo. Nin que dicir ten que foi unha experiencia fantástica. Agora toca coidar das nosas sementes para poder cociñar os seus froitos na cociña do cole

















































Esta semana o Meco tennos a tod@s tol@s coas súas mandas. O luns zapatos diferentes





O martes pantalóns remangados



e para o mércores, un pano ao pescozo


















Mañá é o último día do Meco e,...

SE AO CENTRO DA TERRA QUERES CHEGAR,

UN POUCO MANCHADO DEBERÁS CHEGAR

Segue chegando material interesante para o noso recuncho e para a aula en xeral. Hoxe Roi trouxo un mémori moi apropiado para a actividade que estivemos levando a cabo na horta. Non tivemos tempo de xogar pero queda na nosa lista de tafefas pendentes

Lemos o conto que nos trouxo Noel sobre un dragón e observamos o seu libro de dinosaurios con curiosidade



Seguimos coñecendo cousas sobre a prehistoria e onte averiguamos que os primeiros homes xurdiron en África;  fixemos unha ficha impresa sobre o tema e hoxe Noel trouxo un quebracabezas de animais da sabana africana








Lois trouxo un volcán que nos deixou coa boca aberta porque expulsaba lava!!!









Tivemos un día repletiño de emocións na Sementeira

😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario