jueves, 6 de junio de 2024

Froita, leitugas e moito máis

 Esta semana estamos levando a cabo no Rosalía reparto de froita na hora da merenda, dentro do programa Aliméntate Ben da Consellería de Educación. Temos Sementeiros e Sementeiras que non faltan á súa cita coa froita. Pronto entregaremos os premios do noso "Froitómetro"!


















Este mércores estivemos na horta recollendo leitugas para comer no comedor













Están sendo días de moito traballo; empezamos os ensaios para o Festival de fin de curso e rematamos tarefas pendentes como por exemplo o mural do patio; esta semana varios voluntarios e voluntarias decidiron deixar de xogar un pouquiño para axudar a rematar esta fermosura de mural






Seguimos aprendendo moitas cousas sobre o espazo. Hoxe falamos de como se formou o Universo e averiguamos o que era iso do Big Bang. Despois fixemos unha tarefa impresa pero como estaba tan bo día, decidimos traballar no patio





Comezamos a preparar as bolsas do trimestre,... 












































e mentres uns traballan, outros se entreteñen xogando








Lois rematou sen axuda o crebacabezas do espazo. Que gran traballo!









 Na Sementeira non paramos!!

😉

3 comentarios:

  1. Outra semana de gran traballo dos sementeiros!!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Ali!!! A verdade non paran!!!

    ResponderEliminar
  3. Gracias a ti por tanta dedicación e por compartir con nos todos estes momentos. E moi bonito poder velo

    ResponderEliminar