miércoles, 2 de octubre de 2024

Mix da semana

 Esta semana fixemos estrea oficial do noso panel; este ano é moito máis completo que o do ano pasado e introducimos conceptos como anterior ou posterior, habilidades motrices de carácter fino coma o enroscado e desenroscado, copiado autónomo da data no encerado,... estamos encantad@s e moi atarefad@s a primeira hora da mañán!

Ao longo do mes de setembro estivemos introducindo pouco a pouco as novas actividades (polo que as fotos que veredes a continuación son unha recopilación do mes de setembro e estes primeiros días de outubro co panel xa completo); este ano continuamos co sistema de encargados do ano pasado pois segue sendo a sorte quen decide o encargado ou encargada do día pero en vez de facelo con fotos, facémolo con "nins" (bonecos de madeira) que teñen un número asociado a cada neno e nena







































 A sesión de ioga de hoxe foi moi divertida. Pasámolo moi ben facendo as asanas do cero, do cabalo balancín, da flor e do cisne, para rematar relaxándonos co crocodilo. O de intentar gardar o equilibrio xa o deixamos para outro día ;))

flor

cero pataqueiro

cabalo balancín

cisne

 













 










Seguimos traballando na secuencia anual de grafismos creativos. Desta volta fixemos peixes e escollemos libremente os grafismos a repetir en cada peixe dun variado abano de opcións. Rematamos a tarefa pintando o mar con pincel e pintura aguada



Festexamos a chegada do outono con propostas libres e actividades plásticas e de recoñecemento de vocabulario en galego. TAmén averiguamos que existen cogomelos que son venenosos e aprendemos as súas partes elaborando unha tarefa impresa
































Pero sen dúbida o acontecemento da pasada semana foi a celebración dos aniversarios dos compis que cumplen anos durante as vacacións de verán. Menuda festa fixemos!!

decorando as súas coroas


















1 comentario:

  1. Como traballan os sementeiros! Na nosa casa o dia de ioga e o mais especial, sempre vai contenta pero ese dia...GRAN TRABALLO

    ResponderEliminar