Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 4 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
viernes, 14 de febrero de 2025
As casiñas dos números
Dende fai un tempo durante a hora do panel traballamos coas casiñas dos números; afianzamos os números e comezamos a interiorizar as decenas. Sempre hai que dedicar máis tempo á primeira
decena, xa que na familia do 10 atopamos os números "tramposos" (11, 12, 13, 14 e 15) polo que todos os días escribimos os números dende o dez ata o vinte, aínda que as veces os facemos en espello (do revés), e ata os estamos aprendendo en inglés. Facemos tamén sumas e traballamos o concepto de anterior e posterior. Esta semana añadimos as restas! Mentres o encargado ou encargada fai a casiña que escolle no panel, un voluntario escríbea na pizarra pequena
Nos seguintes vídeos poderedes entender moito mellor parte do noso traballo diario
De xeito lúdico fixemos un primeiro achegamento ao concepto de resta, para incluílo na nosa rutina do panel; primero xogamos aos "Monkey" un xogo no que o dado nos indica se temos que añadir ou quitar monos á nosa palmeira
Despois coas marionetas practicamos a resta eliminando da nosa man o número indicado de títeres
Esta semana na sesión de ioga volvemos utilizar a pantalla dixital
Rematamos as sesións coa relaxación da xoaniña e non esquecemos actualizar o noso Froitómetro. Nos vídeos podedes comprobar que ás veces iso de relaxarse resulta unha tarefa algo complicada ;)
Mentres un equipo practica ioga o outro está na aula aproveitando o tempo coas propostas libres; esta semana foron as seguintes:
A decoración do corredor segue a ser un tema que nos mantén moi ocupad@s.
Un personaxe de conto, deunos a idea para seguir engalando os espazos comúns.
Pétala e a casa da choiva foron os protagonistas
Na porta da Sementeira pousáronse paxaros multicolor para alegrar a nosa entrada e dar a benvida a todo aquel que nos visita
Tamén ampliamos a colección de anduriñas
O noso recuncho segue a recibir material co que seguir a nosa investigación
Ultimamente o momento da plasti serve para modelar cousas relacionadas co noso Proxecto Plumas ;)
Un niño de águia real con ovos a puntiño de eclosionar
Hoxe a nosa compañeira Alessia trouxo unha pequena sorpresa para festexar San Valentín e empregamos as súas pegatinas para facer o rexistro do noso Pasaporte Lector. Moitas grazas Alessia!
No hay comentarios:
Publicar un comentario