miércoles, 12 de marzo de 2025

8M

En honra ao Día Internacional da Muller, levamos uns días adicados a destacar a importancia das mulleres na sociedade, cuestionar os estereotipos de xénero a través dos contos e fomentar a coeducación. Recibimos a visita do CIM Terras de Iria que con Vanessa á cabeza, nos axudan a lembrar a importancia de loitar polos dereitos das mulleres e recoñecer a valía de figuras como a de Florence Nightingale, unha enfermeira británica, considerada precursora da enfermería profesional contemporánea e creadora do primeiro modelo conceptual de enfermería








Vanessa falounos da importancia da manter unha boa hixiene para estar sans e realizamos un pequeno experimento onde descubrimos a importancia do xabón para manter afastados a todo tipo de virus





 





 De regalo levamos unha mochila conmemorativa do 8M






 Na aula fixemos varias tarefas impresas para recordar a importancia de Florence, coñecida tamén como a DAMA DA LANTERNA

















 










Tamén nos visitou María Basadre, nai dunha compañeira de Educación Primaria e cooperante da Organización de OXFAM para falar das mulleres rurais en Honduras. 






 Animounos tamén a investigar cal é a ave nacional de Honduras e na Sementeira fixemos os deberes
























 

1 comentario:

  1. qué ben! cantas actividades e qué guapos para celebrar esta data tan importante!!! moitas grazas pola atención e moi ben feitos eses deberes!!!!!!! bravo!!!!! e, sí, esa fermosa ave, a Ara Macao, guara roja ou guacamayo, é un dos símbolos de Honduras e a súa ave nacional

    ResponderEliminar