lunes, 22 de abril de 2013

Contacontos: a visita da mami de DANIELA

O venres pasado recibimos na aula a visita de PERE (a mami de Daniela), que viña dispostísima a contarnos un conto. Non sabemos moi ben quen o pasou mellor, se nós ou ela; o certo é que disfrutamos un montón e a tarde pasou voando.
Durante o conto estivemos caladiñ@s e moi atent@s

 Mirade as nosas caras escoitando o conto
¡¡non perdimos detalle!!
 Despois de contar o conto chegou o momento de mirar as ilustracións e conversar sobre a historia

 E para rematar... ¡UN APLAUSO! ...
... ¡E moitos achuchóns por sorpresa!
Antes de marchar, Pere tiña unha gran sorpresa:
¡CONTOS para a nosa biblioteca!
MOITAS GRAZAS! Fíxonos moitísima ilusión
DANIELA fixo entrega do diploma correspondente
Pero non vos pensedes que se quedou así a cousa eh?? porque Pere aínda tiña unha sorpesiña moi doce para as profes de infantil (moitas grazas mami pola confianza que depositas en todas nós e por valorar o noso traballo como nos demostraches na túa carta)
Despois de varios intentos, o noso fotógrafo Pablo Piñeiro sacounos así de guapas
A profe Ana compartiu os bombóns e pechamos a tarde con moi bo sabor de boca
 O venres próximo outra mami estará na Sementeira contando outro conto.

3 comentarios:

  1. JA, JA, PABLO FOTÓGRAFO. CREO QUE YA SÓLO LE QUEDA EJERCER DE MÉDICO ESTE CURSO (TIENE SU "MALETÍN" EN CASA).
    SÉ QUE PERE LO PASO EN GRANDE YA QUE COINCIDI CON ELLA Y ME LO CONTÓ, PERO ES QUE YO TAMBIÉN TUVE LA SUERTE DE VIVIR ESTA EXPERIENCIA TAN DIVERTIDA. ESPERO QUE MÁS MAMIS (Y PAPIS) SE CONVIERTAN POR UNA TARDE EN CUENTACUENTOS SEMENTEIRO.
    BESOS

    ResponderEliminar
  2. Bueno, bueno, pero que ben o pasaron estes sementeir@s con Pere. E que sorte tivemos as profes de infantil!!!! Pere, moitas, moitas grazas polo agasallo e polas palabras da postal!!!! É un pracer coñecer xente con ese espíritu tan positivo, coma ti. Grazas e ¡ves como todo foi estupendo!¡pasástedes unha tarde fantástica! ¡PARABÉNS! Un bico dende "A Pementeira".

    ResponderEliminar
  3. Holaaaa!!! Pois sí, Ana, eu non sei quen o pasou mellor, se eles ou eu... o certo é que foi unha pasada!! Portaronse de maravilla e son todos fantásticos e guapíiisimos, non sei se sera unha clase de bos estudiantes, pero fixo que nos salen aquí unhas misses e uns místeres!!! Un bico para todos!! Gracias a vós! Un bico para Teté e María!!

    ResponderEliminar