lunes, 1 de abril de 2013

Visita do Coelliño de Pascua

O venres antes de marchar de vacacións tivemos unha visita sorpresa no cole pois, como todos os anos (o primeiro para nós), o COELLIÑO DE PASCUA fixo unha parada no noso cole para deixarnos un montón de ovos de chocolate nas aulas de infantil. 

Primeiro tivemos que tapar os ollos pois o coelliño aínda andaba polo cole e, se o atopabamos, era capaz de marchar e non deixarnos nada de nada.
Eso sí, como este coello é moi xoguetón, escondeu todos os ovos... en globos!! 
E claro, tivemos que estoupalos.
Dentro dos globos estaba a nosa recompensa
¡E despois a bailar todo o mundo!

4 comentarios:

  1. Que ben!! Oviños de Pascua!! Co que lle gusta a Daniela o chocolate... e co pouco que lle gustan os globos... (a pesar de que agora xa lle perdiu un pouco o pánico... antes era incrible...) Moitos bicos para tod@s!!

    ResponderEliminar
  2. Pasárono moi ben Pere,e os que tiñan moitos ovos compartiron cos que non tiñan ningún. Estaban moi graciosos porque miraban para todas partes buscando o coelliño..jajaja se chega a aparecer máis de unha cae de cu jajaja

    ResponderEliminar
  3. NO PARAIS. OS DA TIEMPO PARA TODO: HACER FIESTAS, TRABAJAR MUCHO E IR DE EXCURSIÓN A SANTIAGO. SUENA TAN BIEN QUE YO QUIERO VOLVER AL COLE CON VOSOTR@S (LA VIDA DE LOS MAYORES ES UN POCO ABURRIDA). PERO CREO QUE NO VA A SER POSIBLE...
    BESOS PARA L@S SEMENTEIR@S, LAS PROFES Y LAS MAMÁS CONECTADAS (PERE Y PILI).

    ResponderEliminar
  4. Carina para este curso temos o cupo cheo... jajaja
    Quero aproveitar para darvos as grazas a todas as mamás "concectadas", porque con vosos comentarios dades vida e sentido a este blogue. MOITAS GRAZAS!!!
    E tamén darlle a benvida á mami de Paula, que tamén se animou a escribir o seu primeiro comentario!!

    ResponderEliminar