viernes, 26 de abril de 2013

Horto Escolar Infantil

Este xoves adicamos a tarde a preparar un recuncho do patio traseiro do cole para poder facer un horto.
 A profe Ana explicounos que os nenos e nenas de infantil do ano pasado plantaron unha morea de cousas nunhas macetas que agora, están un pouco abandoadas despois do longo inverno que tivemos este ano. Aquí podedes ver algúns dos traballos que se levaron a cabo o curso anterior.
Nós decidimos "rescatar" as macetas do ano pasado para poder utilizalas este ano na nosa plantación. A profe Teté e katy foron as nosas "axudantas". Aquí estamos en plena "Operación Rescate"
 Colocamos todas as macetas en fila a carón do muro do patio
 Algúns compañeiros decidiro colocalas por tamaños. 
E así, puxeron as máis grandes todas xuntas...
...e as pequenas tamén.
 Despois, en asamblea, falamos da importancia de delimitar o espazo reservado para o noso horto para que, según el@s, "que ninguén o puidera pisar". Ante a pregunta de ¿que podemos facer entón?, estas foron algunhas das nosas respostas: colocarlle madeiras, luces de cores, un semáforo e señais de non pisalo.  Ao final, como non tiñamos "madeiras" decidimos delimitalo cunha simple cinta.
¿E quen soluciona os problemas de loxística no cole? .... MANOLO!  así que alá fomos a explicarlle o que queríamos facer.
 Despois de asimilar toda a información (si, si tamén lle explicamos que queríamos luces de cores no noso horto - veremos como se apaña), Manolo prestounos un rollo de cinta e marchamos a colocalo inmediatamente non fora  ser que se nos colase algún estraño no noso horto.
Non tivemos tempo de facer nada máis pero non está nada mal ¿verdade?. Agora xa podemos empezar a pensar nas cousas que queremos plantar no noso horto.

4 comentarios:

  1. ¡Hai que ver como traballaron estes sementeir@s! E como estaba unha tarde estupenda pasamos un ratiño moi agradable arranxado as cousiñas da horta. Eu polo menos paseino guachi, reguachi!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Aquí todo sexa andar con terra e facendo "aventuras" que sempre van a estar dispostos a iso!! Cantas cousas facedes!! Un día eivos de espiar e aparecer "de estrangis" no patio de infantil!!! Bicos para todos!!!

    ResponderEliminar
  3. SOY CLAUDIA: ME HACE ILUSIÓN VOLVER A VER QUE BIEN LO PASAMOS EL AÑO PASADO CONTIGO ANA. ME ACUERDO EL DÍA QUE PLANTAMOS TODO ESO. QUÉ RECUERDOS! YA VEO QUE VOSOTROS TAMBIÉN LO ESTÁIS HACIENDO MUY BIEN. PABLO LO ESTÁ PASANDO GENIAL, LO CUENTA TODO.
    UN BESO PARA TOD@S L@S SEMENTEIR@S Y A MI PROFE ANA.

    ResponderEliminar
  4. Hola Claudia! ¿sabes una cosa? la profe María fue con sus alumnos a inspeccionar el huerto del año pasado y encontró... PATATAS!!! vuestra plantación resultó todo un éxito! Espero que este año podamos repetir muchas de las actividades que hicimos el año pasado en nuestro huerto porque nos lo pasamos genial. Besos guapetona!! (y gracias por escribir tus comentarios)

    ResponderEliminar