miércoles, 17 de abril de 2013

O Noso Segundo Experimento

Os martes na sementeira estanse a convertir nuns días moi especiais porque os adicamos a facer... EXPERIMENTOS!!!
A semana pasada quedounos moi bo sabor de boca co noso primeiro experimento, a lámpada de lava; lembrades?
Hoxe tocou averiguar o que pasa cando metemos un ovo en auga con sal.
O MATERIAL que necesitamos esta vez foi:
- 2 tarros de cristal.
- auga.
- sal.
- unha culler.
- 2 ovos.
PRIMEIRO PASO: encher un tarro con auga
Mirade a atención que prestan @s compañeir@s ao que está facendo Daniela, a encargada.
SEGUNDO PASO: encher o outro tarro con auga e engadirlle unha gran cantidade de sal
Tod@s botamos unha pizca de sal no tarro,
 e tamén nos atrevemos a probar se a auga estaba salada.

TERCEIRO PASO: remexer o sal para que se disolva na auga
CUARTO PASO: formulamos hipóteses e comprobamos resultados
Despois chegou o momento de facer as nosas predicións sobre o que ía pasar cando se meteran os ovos nos tarros.
 Primeiro empezamos polo tarro de auga sen sal. 
Esto foi o que pensamos que ía pasar:
Apuntamos as nosas ideas e o que realmente pasou.
Despois tocoulle o turno ao tarro con sal, e repetimos a actividade.
Pola tarde fixemos a nosa ficha de recollida de datos

Agardamos impacientes o seguinte experimento

3 comentarios:

  1. Guauuuuu!! outro experimento!! menudos axudantes, Ana; eles estarán encantados con estes expermientos imaxino. Bicossss

    ResponderEliminar
  2. FUERON ARQUITECTOS (TORRE CAMELLÓN), CANTANTES, JARDINEROS (SÉ QUE HABEIS PLANTADO "BULBOS" SEGÚN PABLO) Y AHORA SON CIENTÍFICOS. DESDE LUEGO ESTE CURSO DA PARA MUCHO Y ESO QUE AÚN FALTAN DOS MESES. UN APLAUSO PARA LA PROFE QUE ESTÁ PREPARANDO UNA GENERACIÓN CON BUENAS INICIATIVAS.
    BESOS SEMENTEIR@S!

    ResponderEliminar
  3. Grazas mamis a verdade é que con este tipo de actividades non necesito motival@s en exceso porque están desexando empezar cando lles digo que toca experimento.
    O dos bulbos é certo, pero aínda non tiven tempo de subir as fotos. Todos os días pola mañán cando chegan o primeiro que fan é ir a mirar se xa saiu a flor (pobriñ@s, o que lles toca esperar aínda jajaja).
    Da gusto facer todas estas cousas na aula porque as agradecen un montón. Pórtanse moi ben e están moi atent@s a todos os pasos que damos porque sempre son moi dirixidas para que tod@s o poidamos facer ao mesmo tempo. E cando lles toca esperar, non "desesperan".

    ResponderEliminar