jueves, 20 de noviembre de 2014

Día d@ nen@

Hoxe, 20 de novembro festexamos un día especial
 
 
 O 20 de novembro de 1959, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas reuniuse coa intención de reafirmar os dereitos universais da nenez e para que se celebrase en cada país do mundo un día que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos do mundo enteiro e se destinase a actividades que desenvolvesen o benestar de todos os nenos do mundo.

A idea desta reunión debeuse unha institución chamada Unión Internacional de Protección á Infancia, que en 1952 formulou que debía haber un día especial para festexar os nenos. Un ano despois, en 1953, corenta países decidiron unirse á festa e celebralo tamén.

Pronto, as Nacións Unidas sumáronse á idea e decretouse por unanimidade que debía establecerse unha data para honrar e poñer énfase nas necesidades dos nenos de todo o mundo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario