O xoves festexamos por todo o alto o Samaín no cole;
En Educación Infantil continuamos coa tradición iniciada o curso pasado e viñemos terroríficamente disfrazad@s. Damos medo de verdade, mirade, mirade,...
Sacamos unha foto de grupo na entrada do colexio, con todas as cabazas que participaron no concurso
A xornada dividiuse en dúas actividades principais; pola mañán xogamos a xogos populares e fixemos unha merendola e, pola tarde, celebramos o magosto comendo castañas.
Estas son as fotos no patio cos xogos
Os diver-xogos eran os seguintes
Despois de tanto xogo tocaba repor forzas; E na aula de psico tiñamos unha mesa disposta con todo tipo de comida terrorífica que aportaron as familias da aula de 3 anos (este ano cada aula se encargará de traer as larpeiradas nunha festa diferente).
Moitísimas grazas ás familias da aula do "paseo do espolón" por todo o traído e noraboa pola elaboración e presentación de tan terroríficos manxares!!
Esta era a nosa poción máxica (feita na clase polos nenos e nenas de 3 anos) |
Cando rematamos de comer as castañas chegou o momento de entregar os premios dos concursos organizados (cabazas decoradas e debuxos monstruosos)
As gañadoras foron Abril, Noa e Carmen. Noraboa!!
Aquí están todos os traballos gañadores
Sabedes un segredo? despois das castañas e da entrega de premios comemos unhas chuches terroríficamente ricas
Foi unha festa moi divertida e un día cheo de emocións!
Pois polo que vexo si que daban MEEEEEDO estes rapaces.
ResponderEliminarParéceme moi boa idea que as familias tamén poidamos participar dalgunha forma nas festas dos nenos.
O mellor de todo é que os nenos o pasaron terroríficamente ben.
A verdade e que non pararon en todo o día. Non tiveron nin un segundo libre. Así o disfrutaron tanto...
ResponderEliminar