lunes, 10 de noviembre de 2014

Sumas e restas divertidas

Temos un xogo novo na Sementeira, mirade
Con tapóns de reciclaxe fixemos unhas tarxetas onde xogar a sumar e restar. 
Temos que averiguar o resultado da suma ou da resta e enroscar o tapón co número correspondente. Ademais de traballar conceptos lóxico-matemáticos tamén reforzamos a nosa motricidade fina.
Pablo foi o primeiro en estrear o xogo porque rematou as tarefas e tivo tempo de xogar antes de merendar.
Xa temos moitos tapóns con rosca na clase pero necesitamos máis.
 Mandádeos para o cole!
 
 Hoxe pola tarde estivemos facendo sumas divertidas porque utilizamos selos. 
Pasámonolo pipa




 Eran unhas sumas moi fáciles porque era a primeira vez que utilizábamos selos.
Pronto as complicaremos e tamén faremos restas.

1 comentario: