Onte foi un día importante no Rosalía porque conmemoramos o Día escolar da non violencia e da Paz. O equipo de actividades complementarias e extraescolares organizou un sinxelo acto que congregou a todo o alumnado do centro para cantar alto pola Paz e soltar dúas pombas, aves que representan a paz, a esperanza e o amor.
O alumnado de 6º de primaria recitou o poema "La muralla" |
Os día previos estivemos traballando o poema de Nicolás Guillén na aula: recitámolo, falamos sobre o seu significado e estamos rematando de elaborar un pequeno traballo entre tod@s para conmemorar este día tan importante como necesario. Pronto estará rematado e poderedes disfrutalo nas casas. Elaboramos tamén unha pequena manualidade onde as protagonistas foron as pombas
No hay comentarios:
Publicar un comentario