miércoles, 22 de enero de 2025

Unha cegoña

Temos unha nova protagonista no corredor de educación infantil pois nin máis nin menos que unha cegoña veu a facer o seu niño ata o Rosalía




Pasámolo xenial facendo esta manualidade














 
E como esta ave pareceunos moi curiosa, decidimos facer un libro con todo o que estamos a investigar sobre ela. Cando estea terminado viaxará polas casas para que o poidades disfrutar. Cada Sementeiro e Sementeira elaborará unha páxina do noso libro de cegoñas e tod@s están desexando que sexa o seu turno











A semana pasada estivo chea de actividades.
Levamos para casa un novo exemplar do noso periódico "Novas de Infantil"







Festexamos un cumple atrasado porque Lara estivo de aniversario durante as vacacións

 












Disfrutamos de diferentes propostas relacionadas co proxecto e o inverno. Non fixemos fotos pero tod@s nos animamos a probalas

















Falamos de Horus, o Deus Falcón que da nome a un dos nosos equipos de aula e fixemos varias tarefas impresas








O noso recuncho segue a recibir material co que continuar as nosas investigacións

Compramos estes libros para a biblioteca de aula

Aprendemos a xogar ao dominó coas aves como protagonistas


Contamos o conto "Las tijeras de Matisse" e coñecemos a este curioso artista

 Temos pendente coñecelo máis polo miúdo; de seguro que algunha actividade divertida levaremos a cabo

 ;)


Para a sesión de ioga de hoxe empregamos a PDI; gustou moito na Sementeira polo que vos deixo o enlace por se a queren repetir na casa









1 comentario: