Hai uns días tocou pechar o primeiro trimestre e no Rosalía fixémolo ao grande, celebrando o Nadal con todos os compis e profes.
O día empezou forte porque nada máis chegar ao cole recibimos a visita dos Reis Magos
Escollemos a un compi para sacar unha foto na porta da Sementeira
Asistimos a unha sesión de contos improvisada porque o mago que tiñamos previsto que nos visitara sufriu unha indisposición e non puido asistir
Merendamos con todos os compis de infantil un montón de larpeiradas aportadas pola aula de tres anos. Grazas!
O día anterior decoramos a aula de usos múltiples cunha manualidade moi divertida
Durante a merenda algúns compis quixeron sacar unha foto no photocall máis divertido da festa
Coas barrigas cheas disfrutamos dos xogos populares
E chegou o momento de despedir o ano con todos os compis e profes polo que nos xuntamos no ximnasio para darlle a benvida ao 2025
A sesión de baile disfrutámola a tope; o problema é que a cámara intimida un pouco e no vídeo non se aprecia todo o que bailamos! a profe dá fe de que movemos o esquelete a tope!!
Marchamos para casa coas nosas bolsas e traballos do trimestre a disfrutar das merecidas vacacións
No hay comentarios:
Publicar un comentario