Hoxe pola tarde estivemos no corredor do colexio mirando as postais que están mandando todos os nenos e nenas para o concurso. Hai moitas moi orixinais e ben feitas.
O alumnado de Educación Primaria está elaborando un Belén con plastilina e material de refugallo; estalles a quedar moi chuli. Nós tamén imos a participar na súa elaboración. Pronto veredes de que xeito. De momento deixámosvos estas fotos onde podedes ver todas as figuras que están a facer os "maiores"
Despois da visita estivemos na pantalla dixital vendo uns debuxos animados sobre o espazo moi divertidos e didácticos que nos están axudando a reforzar o vocabulario novo que aprendemos na aula e tamén nos descobren datos novos cos que ampliamos os nosos coñecementos.
Deixamos aquí un dos capítulos para que o poidades mirar na casa
Xa vexo que hai moita animación polo cole estes días. O Nadal parece que trae moitas actividades divertidas, coloristas e creativas. Benvidas sexan! A ver ese sementeiros/as se levan algún premio polas tarxetas que fixeron!
ResponderEliminarMenudo Belén máis chulo hai no cole. A iso si que se lle chama ter boa man para as manualidades. É verdadeiramente sorprendente o traballo que están a facer os rapaces. A ver eses sementeiros/as que aportación fan para ese Belén tan chulo.
ResponderEliminarPolo que vexo as postais máis bonitas do concurso son as dos nosos sementeiros/as.
Moitos bicos.