Este venres tivemos unha nova sesión de contacontos na aula; visitounos Geli, a mamá de DANIEL Trigo e contounos un conto moi divertido titulado:
Cando Geli rematou o conto, Dani regalounos unha bola de nadal que tiña unha sorpresa dentro: chocolates!
Pero había máis sorpresas: unha peli e o libro.... de regalo para a aula! Moitas Grazas!
o libro xa está gardado na caixa dos contos viaxeiros dos venres para que tod@s poidamos levalo para casa
Dani entregoulle a Geli o diploma para agradecerlle de parte de tod@s a súa visita
Pero a visita non rematou aquí porque tod@s lle pedimos a Geli que se quedase un pouco máis connosco,...
...e axudounos a colocar a pancarta que fixemos pola mañán para decorar o corredor de infantil. Xa sabedes que colocamos unha árbore de Nadal que queremos encher de bos desexos. Esperamos que o martes tod@s traiamos un desexo para compartir cos demais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario