Este venres pola tarde estivemos na bibliteca do cole. Xa sabedes que nos encanta subir ao piso dos maiores e curiosear polos estantes da biblioteca mirando libros novos.
Desta volta o conto elexido para contar foi:
Ábreme con mucho cuidado ¡o te daré un mordisco!
Unha historia divertidísima e interactiva na que un crocodilo se mete nun conto e despois ten que intentar saír do mesmo. Pasámolo pipa!!
Despois do conto en grupo tocaba ler de xeito individual. Na biblioteca hai unha colección de contos moi apropiados para nós, que estamos empezando a ler; son conto moi curtiños escritos en letra maiúscula, o que facilita a nosa comprensión lectora e nos axuda a interiorizar diferentes esquemas mentais que nos permiten avanzar con maior confianza e seguridade no proceso de lectura.
Antes de marchar para casa tivemos tempo de facer un SÚPER DEBUXO ESPACIAL. Foi unha actividade divertidísima. A profe colocou un papel grande cubrindo as mesas dos equipos e nós debuxamos todo aquelo que se nos ocurriu relacionado co tema do noso proxecto. Foi un debuxo cooperativo entre todos os membros de cada equipo e o resultado final foi sorprendente.
Durante o tempo que estivemos facendo esta actividade demostramos a
cantidade de vocabulario que temos adquirido sobre o tema. Representamos sistemas solares aos que non lles falta detalle, cinturóns de asteroides, cometas, buratos negros, Laika, Ham o
"chimponauta", moitos nomes de astronautas coñecidos (Neil Armstrong
gaña por goleada), estacións espaciais, estrelas de todo tipo, a gravidade dentro dunha nave espacial,... e un
montón de cousas máis se poden apreciar nos nosos debuxos.
O resultado final demostra o ben que sabemos traballar en equipo
Menudo debuxo espacial. ¡Que actividade máis chula!
ResponderEliminarNótase que sabedes traballar moi ben en equipo.
Moi bo traballo rapaces.
Bicos.