martes, 10 de febrero de 2015

Xogo en Grupo

Hoxe na Sementeira estreamos un xogo novo de equilibrio co que desenvolvemos a nosa coordinación óculo-manual, habilidades cognitivas e tamén interpersoais pois xogando en grupo é máis divertido. 
Como era a primeira vez que xogabamos, tivemos algún que outro atranco; caían as varillas, esquecíasenos que soamente podemos usar unha man para colocalas; tirábamos a varilla que xa colocara algún compañeiro,.... Non importa porque o pasamos moi ben e rimos un montón. Cando o vaiamos dominando seremos capaces de facer construcións máis elaboradas.
 Hoxe era o segundo día das mandas do Meco, e tod@s trouxemos zapatos diferentes facendo caso da consigna. pasámolo pipa facendo as fotos:
Visitamos ao Meco para ler a manda de mañá

2 comentarios:

  1. Menuda actividade máis chula. O importante é pasalo ben.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Co listos que son todos e todas seguro que pronto dominan o novo xogo. A ver despois con que construcción nos sorprenden... Xa estou vendo eu a TORRE EIFFEL.. ja,ja

    ResponderEliminar