Un dos artistas que máis xogo nos está dando últimamente na Sementeira é KEITH HARING.
Levamos un par de semanas traballando para decorar o corredor cunhas siluetas moi especiais: as nosas. As demais aulas de infantil tamén elaboraron as súas e, xuntas, van a facer unha composición estupenda. Cando as teñamos todas colocadas ensinarémosvolas no blogue.
Case tod@s nos animamos a representar unha silueta no chan
Para empezar a traballar o primeiro que fixemos foi estender papel contínuo branco no chan. Sara, que ese día era a encargada, tivo o privilexio de acostarse enriba e decidir a silueta que quería que os seus compañeiros repasasen.
Carolina foi a seguinte compañeira en prestarse de modelo para repasar a súa silueta
Lía foi a terceira compañeira que se prestou voluntaria para ser silueteada
Unha vez feitas as siluetas, tocaba darlle cor
O venres pasado decidimos facer dúas siluetas máis para acabar de encher o espazo que temos reservado no corredor. Anxo, que era o encargado e Noelia, que foi a voluntaria máis rápida en pedilo, foron os protagonistas das siluetas.
Coloreamos unha silueta en cada equipo. Aproveitamos para contarvos que temos equipos novos na aula. Os nome foron elexidos entre os membros de cada equipo; levou o seu tempo, pero ao final tod@s se puxeron de acordo.
EQUIPO DA PONTE RIALTO
EQUIPO DA ESTATUA DA LIBERDADE
Encantounos facer esta actividade. En canto estea colocada no corredor sacaremos fotos para que o poidades ver tamén na casa.
Lía foi a terceira compañeira que se prestou voluntaria para ser silueteada
Unha vez feitas as siluetas, tocaba darlle cor
O venres pasado decidimos facer dúas siluetas máis para acabar de encher o espazo que temos reservado no corredor. Anxo, que era o encargado e Noelia, que foi a voluntaria máis rápida en pedilo, foron os protagonistas das siluetas.
EQUIPO DA PONTE RIALTO
EQUIPO DA ESTATUA DA LIBERDADE
Encantounos facer esta actividade. En canto estea colocada no corredor sacaremos fotos para que o poidades ver tamén na casa.
Ahora entendemos porque Amaya nos dijo que queria una cartulina blanca grande para hacer su silueta.Se ve que le gusto mucho la actividad de su clase. Os va quedar genial estamos impacientes por ver como queda
ResponderEliminar