O meco este ano ten ganas de poñerse moreno e hoxe, martes, mandounos a tod@s á praia. E a nós, que nos gusta ser obedientes, pois vimos preparados para gozar dun día de sol e mar. Faltounos isto último pero do solete si puidemos gozar. Viñemos preparadísim@s: gorros, lentes de mergullo e de sol, pas, anciños, cubos, flotadores, toallas,... ata unha pistola de auga! Iso si, non nos acordamos de botarnos crema protectora e igual agora parecemos uns cangrexos. 😜
Por certo, déstesvos conta de que temos nova decoración na porta da aula? a protagonista non podía ser outra que Frida Kahlo.
Trátase dunha versión do cadro pintado por "Romero Britto", un novo artista brasileiro que estamos a coñecer na aula.
Combina elementos do cubismo estereotipados, a arte pop e a pintura de grafiti no seu traballo.
Xa vos ensinaremos máis cousas que estamos facendo de Romero Britto.
E mañá, último día de Meco, que nos quere poñer en forma porque temos que vir con vestimenta deportista
jajajaja Sementeir@s siempre conseguís sacarme una sonrisa. Estáis genial y con ese fondo inmejorables!!
ResponderEliminarAna R.
Requeteguapisimos todos!!!! No os falto detalle ninguno....Bueno y que decir de esas profes...DIVINAS!!!!
ResponderEliminar