lunes, 18 de noviembre de 2019

Construcións

Hoxe fixemos unha actividade que se dividía en dúas partes: primeiro tivemos que escoller seis pezas de construción e facer a nosa propia creación, e despois tivemos que levala ao papel. Esta actividade supuxo realizar unha construción limitada por un número de pezas, nun espazo delimitado e a súa posterior representación no papel.
 A orientación espacial é unha habilidade básica para moverse e situarse dentro do espazo. Ademais, tamén é necesaria para actividades tan comúns como escribir recto, ler, diferenciar entre dereita e esquerda e, en xeral, situar os obxectos e orientar os nosos movementos no espazo que nos rodea.
 
 
Estas foron as nosas construcións.
E así as representamos

2 comentarios:

  1. Mira que se matou cris a explicarme o que fixeran hoxe e non lle entendia (xq bendita explicacion 🤪)...Bo traballo pequen@s!!!

    ResponderEliminar
  2. Menuda cabeciña teñen estes rapaces!!!! Non parades😅😅

    ResponderEliminar