lunes, 4 de noviembre de 2019

Samaín 2019

E chegou o Samaín, a festa máis terrorífica de todas e nós encantad@s porque a disfrutamos moito. Quen dixo medo ?
Moitos Sementeiros e Sementeiras animáronse a participar no concurso de cabazas organizado no cole polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares. Moitas grazas a todas as familias participantes !
Quedou un corredor de medo !




Na Sementeira participamos na decoración do corredor onde estaban expostas as cabazas, facendo un pequeno mural.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo decorar as portas das aulas con algún ser mitolóxico galego. Nós escollemos a curuxa. Así nos quedou.
Durante toda a semana aproveitamos para traballar a lectoescritura con personaxes terroríficas. Izan e Cristina foron dos que máis xogaron a compoñer palabras. Primeiro tiñan que buscar a palabra que se correspondía co debuxo e despois formar a palabra.

O mércores chegamos disfrazad@s e dispost@s a pasalo de medo aínda que o tempo non acompañou moito para poder saír fóra e disfrutar dos xogos populares que estaban previstos. Aínda así, fixemos un montón de cousas: photocall, un xogo que nos mantivo entretid@a un rato e como non a merenda conxunta con todos os compis de infantil e o Magosto.
Estas son as fotos que sacamos para deixar un terrorífico recordo deste día.
Xogamos a poñer patas a unhas arañas. Tiramos o dado e debuxamos tantas patas como nos indicaba o número; despois volvimos a tirar o dado e regalamos as patas a un compañeiro-a; finalmente contamos e anotamos as patas das nosas arañas para saber cal era a gañadora e fixemos unha táboa de rexistro. Gañou a araña de Carlota con 12 patas !
Izan trouxo chocolatinas que quixo repartir con tod@s e xogamos a dicir o sabor máis desagradable que se nos ocorría; as chocolatinas sabían a cola de rato, a baba de caracol,...
 Grazas Izan !
Merendamos en psico co resto de compis de infantil. A merenda metía medo ! moitas grazas a todas as familias da clase de 3 anos que aportaron tan suculentos manxares.


Despois do recreo degustamos as castañas no Magosto e fíxose entrega dos premios ás cabazas gañadoras.
En Educación Infantil resultou gañadora a cabaza de Icía, da clase de 3 anos. Parabéns !
Foi un día xenial !

2 comentarios:

  1. Olaya Mamá Cristina4 de noviembre de 2019, 23:07

    Que semana mais terroriiiiiifica...que ben o pasaron!!! E canto traballo nesas cabazas, quedaronvos chulisimas pequen@s

    ResponderEliminar
  2. Menudo dia mais completo!!! E que medo daban estes sementeir@s!!!incluida a profe!!! Un dia xenial!!! 👻👻👻👻👻

    ResponderEliminar