miércoles, 16 de septiembre de 2020

English Day

Hoxe coñecemos ao Teacher Juan, que estará todos os mércores na Sementeira connosco

Empezamos cantando a canción dos bos días


 

Contamos o conto de "Cocorico" e escoitamos unha canción moi divertida 
 


 
 
 
 
Xogamos nos recunchos. Xogo simbólico para as brigadas vermella e amarela; e creatividade e motricidade fina para as brigadas verde e azul. Mañá cambiaremos a orde das brigadas.
 










 
 

 

 



Merendamos de novo tod@s xunt@s
 




 
 


Rematamos a xornada coñecendo unha nova zona do patio




Para poder organizar as saídas despois do comedor e que as coidadoras recoñezan os nenos e as paradas de autobús que lles corresponden, pídovos por favor que fagades unha tarxeta co nome do neno/a e a parada. Colgádea na mochila nunha zona visible.
Hoxe na hora da merenda algúns nenos e nenas tiveron dificultade para abrir a mochila. Para facilitarlle a tarefa e que cada vez vaian sendo máis autónomos nesta rutina, podedes colgarlle na cremalleira por exemplo un chaveiro ou un boneco pequeno co fin de que o agarren e poidan tirar del para abrir mellor a mochila.

3 comentarios:

  1. Gracias Ana , por enseñarnos o que van facendo e o que van aprendendo, gustanos ver as fotos, gracias x a tua labor , un saludo

    ResponderEliminar
  2. Pero que maravilla velos xogar e divertirse!! Grazas profe Ana!!

    ResponderEliminar
  3. Gracias profe Ana por facer que os nosos nen@s disfruten e aprendan moitas cousas e nos os papis orgullosos de velos tan felices. Gracias profe Ana

    ResponderEliminar