Esta semana na Sementeira estivemos tod@s xunt@s coñecéndonos, afianzando rutinas de xogo e aseo, e disfrutando de todo o que o cole nos ofrece.
Unha das rutina á que nos estamos acostumbrando é a da asamblea. Cada día, despois do conto, facemos un pequeno faladoiro. Esta semana estivemos conversando sobre o outono. Vimos vídeos, cantamos cancións, escoitamos contos,... e ata fixemos a nosa primeira actividade impresa empregando as cores típicas do outono.
O outono xa ten un espazo propio na Sementeira, que iremos completando ao longo das vindeiras semanas.
Un dos primeiro cambios que puidemos observar estes días estivo relacionado co tempo
A primeira actividade impresa tivo como protagonistas as letras do noso nome. Levounos varios días completala con todos os compañeiros e compañeiras porque a fixemos de xeito individual, desinfectando o espazo empregado despois de cada uso e cambiando tamén os pinceis de última xeración que empregamos 😉
Fixemos tamén unha unha pequena celebración pois varias compañeiras estiveron de aniversario estes días.
PARABÉNS INÉS, SABELA, LAURA E MARTINA
Rematamos a semana cantando e bailando unha canción moi divertida
Este luns 28 damos por finalizado o período de adaptación e incorporámonos ao cole en horario completo (09:35-14:35)
HORARIO:
LUNS: relixión (profe Victoria) ou atención educativa (profe Paula)
MARTES: música e apoio (profe Paula). Poderemos facer actividades en pequenos grupos empregando diferentes espazos do centro (aula de psicomotricidade, aula de desdobre,...).
MÉRCORES: inglés e apoio (profe Jose). Será o día saudable na Sementeira pois trataremos de facer ioga e incorporaremos as merendas saudables. Xa vos informarei de cando empezamos.
É recomendable que os nenos e nenas veñan con roupa e calzado cómodos todos os días pois non soamente facemos actividades psicomotrices os martes ou os mércores, senón que forman parte da rutina diaria da aula. Evitade na medida do posible a roupa moi axustada, os petos, os cinturóns, tirantes,...
Na casa podedes reforzar a súa autonomía animándoos a subir e baixar a roupa eles-as sós cando van ao cuarto de baño, e habitualos a lavar as mans con xabón frotando ben entre os dedos (porque son moitos-as os que se limitan a deixar correr a auga entre os dedos e a esperar que a profe lle faga todo no cuarto de baño).
Despois de merendar cambiaremos de mascarilla polo que debedes mandarlle na mochila unha de reposto nunha caixa ou bolsa para que poidan gardar tamén a que se quitan.
As mascarillas máis cómodas son as que teñen dúas gomas. Son moito máis sinxelas de poñer e favorecen a súa autonomía á hora de poñela e quitala.
Evitade mandar merenda en exceso. Estes días algúns batidos e/ou iogures líquidos acaban no lixo porque non os beben enteiros. Ocorre o mesmo coas pezas de froita máis grande (por exemplo os plátanos). Cando enviedes mandarinas ou calquera outra froita con tona facédeo por favor pelada.
Que ben o pasan pintando!!
ResponderEliminarParabèns para Laura, Sabela, Inés e Martina! !