Continuamos amosándovos as manualidades que fixemos para celebrar o Samaín. A semana pasada empezamos os nosos Frankenstein: colorear con témpera, debuxarlle a expresión, recortar e pegar todas as pezas e por último facerlle moitas cicatrices
Esta semana rematamos o mural pensando e escribindo todas as cousas que nos dan medo
Xogamos a pensar, desta volta co cadro de Edvard Munch, ao que lle puxemos título e imaxinamos o que lle podería estar pasando ao protagonsita
A porta da nosa aula loce así de espectacular, grazas ás nosas momias, cabazas e casas enfeitizadas
Decoramos tamén a aula de psicomotricidade
Pintamos teas de araña e caras monstruosas en globos
Este vídeo demostra o concentrados-as que estivemos na nosa tarefa 😀
E seguimos, que todavía fixemos máis cousas, coma estes debuxos en 3D, actividade da que tamén temos un pequeno vídeo
O concepto matemático da semana foi a simetría; resultou unha tarefa bastante complexa completar a outra metade da bruxa
A participación no concurso de cabazas organizado polo equipo de actividades complementarias deixou o listón moi alto na Sementeira. Moitas grazas a todas as familias que partiparon!!!
Estas son as cabazas de Adán |
E tamén levando xogos viaxeiros cando somos os encargados-as
A sesión de ioga desta semana estivo envolta nun ambiente terrorífico
Unha semana terroríficamente divertida!!! Canto traballo e que chulo 🎃🎃🎃
ResponderEliminarMenuda semana tan chuli, canto traballaron!!!👏👏🎃👻
ResponderEliminarQue pasada de forma de traballar e todo o que aprenden, divertidísimo!! Gracias profe👏
ResponderEliminar