A semana pasada abriu de novo as súas portas a biblioteca do cole e nós aproveitamos para visitala por primeira vez. Pasamos un rato agradable disfrutando dos contos
Unha das actividades impresas da semana estivo de novo relacionada cos grafismos. Puxémoslle o nome de "Monigotes peludos"
A casualidade quixo que ao noso compañeiro Izan lle caese un dente no cole e, mentras estabamos no patio, o ratiño Pérez deixoulle un pequeno agasallo
A sesión de ioga do xoves xirou en torno ao conto "Om", un dos que podemos levar os venres co noso Pasaporte Lector
Despois do ioga, tocou merendar froita e actualizar o froitómetro; había unha cesta de mandarinas e Izan animouse a comer unha
Temos novas propostas voluntarias de xogo relacionadas co outono; debullar millo é unha delas
Xogamos ao bingo; reforzamos vocabulario e falamos das características desta estación do ano
Xogamos a clasificar as palabras segundo o número de sílabas que teñen
Mensaxe nunha botella: compoñemos a palabra con letras móbiles
Cos policubos formamos figuras
E se non queremos enredar con estas propostas: facemos quebracabezas, xogamos coas construcións, debuxamos grafismos, experimentamos na mesa sensorial, traballamos a motricidade fina cos pinchos, construímos figuras co mosaico, interiorizamos o alfabeto en minúsculas coa ruleta, desrutamos do xogo simbólico coas figuras dos pitufos,...
Exploramos o patio en busca de follas para facer unha manualidade con elas
Xa se achega unha das festas máis divertidas no cole; o Samaín xa chama á porta
😉
Pois si que teñen cousas ben interesantes e variadas para facer.
ResponderEliminarCantas actividades divertidas!! Estades a tope 💪
ResponderEliminarEncántanme todas as actividades, que maneira máis chuli de aprender!!!👏👏👏
ResponderEliminar