Pois sí, chegaron os Reis Magos e finalizaron as vacacións de Nadal; pero antes de voltar ao lonxano Oriente fixeron unha última parada na Sementeira e deixaron agasallos para tod@s,... que emoción !
Ao longo do primeiro trimestre levamos a cabo un rexistro do tempo e este luns fixemos reconto dos días de sol, nubes e choiva que tivemos dende setembro ata decembro. Houbo empate entre as nubes e a choiva
Unha vez rematadas as tarefas, disfrutamos dos xogos novos, reencontrámonos coas propostas dos recunchos e despedimos as actividades do Nadal
Estamos desexando que chegue o vindeiro luns porque imos ao teatro a
Santiago. A obra titúlase "Peter Pan, la aventura". Vari@s Sementeir@s
trouxeron os seus contos para compartir na aula pois non coñecían a
historia. Moitas grazas !
Temos diferente material manipulativo: un xogo de lectoescritura co que identificamos os personaxes principais da historia, dous libros-quebracabezas e outros dous quebracabezas de máis pezas (50 e 100) con Campanilla de protagonista, que gustaron moito
Traballamos nunha secuencia didáctica; estas foron algunhas das actividades impresas que fixemos esta semana
Hoxe levamos para casa un novo exemplar do noso periódico "Novas de Infantil". Como o disfrutamos na aula !
Que sorte teñen estos nen@s, cantos regalos. Todos merecidos polo moito que traballan. Noraboa a tod@s.👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻. E moitas gracias a esa profe por facer as clases tan chulas.🥰🥰
ResponderEliminarAna gracias polo xornal Unha vez mais espectacular ese recordo do traballo que facedes, gracias a todo o equipo de infantil!! Da gusto velos nos recantos cos xogos novos, que emoción abrir os regalos dos reis no cole👏👏
ResponderEliminar