Onte 30 de xaneiro, era un día marcado no calendario da Sementeira pois conmemoramos o Día da Paz e a non violencia. Ao longo de toda a semana pasada levamos a cabo diferentes actividades de concienciación. O primeiro que fixemos foi dar resposta ao significado da palabra PAZ.
A seguinte proposta foi converternos en superheroes e superheroínas para conseguir un mundo mellor. Escollemos un nome, o noso superpoder e o que faríamos para cambiar o mundo (foi unha actividade que nos levou toda a semana, pero resultou altamente motivadora para tod@s).
Realizamos pombas con grafismos que decoran a entrada da nosa aula.
En conversa colectiva fixemos un listado de palabras que para nós engloban o significado da palabra Paz e elaboramos os nosos "Corazóns Pacíficos". A lectura de contos relacionados con esta temática ao longo da semana, axudou a que xurdiran de xeito espontáneo moitas destas palabras.
A nivel de centro participamos na elaboración conxunta dun mural que levou por título "Voa alto pola Paz" onde as protagonistas foron as pombas que formamos a xeito de crebacabezas entre todo o alumnado de infantil e primaria. Nas nosas pezas pegamos moldes de madalenas e pegatinas.
Pomba do terceiro ciclo |
Pomba do segundo ciclo |
Pomba do primeiro ciclo |
Pomba de Educación Infantil |
No hay comentarios:
Publicar un comentario