jueves, 25 de octubre de 2018

Preparando o Samaín

Xa se achega o Samaín e na Sementeira estamos a pasalo de medo estes días contando contos terroríficos.
Un dos nosos favoritos é CARABUÑAS
 
Outros axudan a que nos plantexemos algunhas dúbidas que intentamos resolver en conversa colectiva
 Que é o que necesitamos para ser unha bruxa maléfica?
 E que ingredientes botariamos no caldeiro da bruxa para facer unha apócema venenosa?
 Despois de contar o conto "La fábrica de Monstruos", falamos dos nosos medos
Estamos decorando xunto coas demais aulas de infantil os espazos comúns para que o día 31 o noso cole meta moito medo! A semana pasada pintamos cabazas aproveitando que contamos o conto CORRE CORRE CABACIÑA.
E hoxe foi o turno das caveiras

 De xeito voluntario, xogamos a construir palabras coa axuda do noso Libro de Vocabulario de Medo.
Encántanos cantar en inglés. Estas dúas cancións son das nosas favoritas. Aproveitamos así para traballar algún vocabulario mentres merendamos.
LORENA trouxo un conto para compartir e nós encantados con esa mansión encantada

3 comentarios:

  1. Olaya mamá Cristina26 de octubre de 2018, 15:44

    Que dia mais terrorifico!!! A cris encantoulle Carabuñas...

    ResponderEliminar
  2. "Carabuñas peideiro o máis porco do mundo enteiro" non para de cantar Carlota😆🙄😏

    ResponderEliminar
  3. Charo mamá de Aroa29 de octubre de 2018, 11:17

    Se a idea é que os nenos sepan recoñecer sentimentos e afrontar medos, con Aroa tendes a proba máis que superada.
    Fixemos unha bruxa na cabaza de samaín e mamá e Aroa non estaban de acordo en nada. Mentras que mamá queria unha bruxa bonita, Aroa decidiu que ela queria dentes afiados para que comera nenos, arañas por todos sitíos e a poder ser que vestira de negro como as vellas....

    ResponderEliminar