sábado, 27 de octubre de 2018

Seguimos co Proxecto

Estes últimos días non paramos de recibir información sobre os celtas para seguir co noso proxecto.
Alberto e Adela trouxeron libros dos Bolechas con moita información sobre os castros
Despois de ler os dous contos, vimos en internet este vídeo:
 A mitoloxía de Grecia e de Roma xa está presente no recuncho con este libro que trouxo Alba.
Aroa visitou o Castro de Baroña e trouxo unha pulseira e un colar con símbolos celtas.
 A este libro dos Bolechas seguro que lle sacamos moito proveito
 Carlota trouxo xoias celtas
 E fotografías de moitos personaxes do mundo celta
Izan trouxo un listado con moitos símbolos celtas.

Adela trouxo información sobre María Pita e as ninfas.
 Alberto trouxo información sobre os "asnos" como el dixo; eso deunos pé para investigar sobre os trasnos e imaxinar as trastadas que fan nas nosas casas. Pasamos un rato moi divertido falando destes seres imaxinarios.
 Este libro sobre Hércules e unha pel de león tenos abraiad@s.
Carlota visitou "Brigantia" e subio os 234 chanzos para disfrutar das vistas e comprobar que non se aproximaba perigo algún á cidade.
 Veunos de perlas a información que trouxo Adela sobre a Torre de Hércules.
 E temos infomación sobre a festa do Samaín, pero ninguén sabe quen a trouxo. Estamos á espera de atopar ao seu dono-a para lela.
Investigando un pouco, averiguamos que a estatua da Madama de Sanxenxo, está inspirada na mitoloxía celta. Preguntade na casa aos Sementeiros e Sementeiras porque, de seguro, vos contan un montón de cousas sobre esta escultura.
 Fixemos unha tarefa impresa para recordar todos os datos averiguados

Aproveitamos esta entrada para contarvos que este martes recibimos a visita dos nenos e nenas da clase do Peregrino, que viñeron ver connosco as Noticias Rosalía. Podedes atopalas  na páxina web do cole.


3 comentarios:

  1. Que content@s van levando cousiñas para o proxecto😊
    esa información sen dono é de Carlota 🤣🤣parece que con todo o que levou liouse🙄🙄

    ResponderEliminar
  2. Cantas cousiñas para o proxecto!! E que de cousas por descubrir!
    Ainda non conseguimos ir a Coruña (e mira que Aroa insiste coa torre de Hércules e con Maria Pita) e xa estou vendo eu que non saimos dunha pa meternos noutra.
    Vamos ter que pedir o cole que organice algunha excursión para calmar estas ansias de coñecemento 😂

    ResponderEliminar
  3. Olaya mamá Cristina29 de octubre de 2018, 17:16

    Con tanta excursion mira que aprendemos cousas sobre a mitoloxia...e os pequenos encantados!

    ResponderEliminar