martes, 16 de octubre de 2018

Telexornal

Hoxe foi un día moi importante no cole porque estreamos un telexornal semanal. Cada luns poderédesvos informar na páxina web das noticias máis relevantes da semana. Os nenos e nenas da clase de cinco anos foron os encargados de preparar a primeira emisión e o resultado non puido ser mellor. Xulgalo vós mesmos.
 Vimos o telexornal cos compis de 4 anos e comentamos entre todos as noticias que os pementeiros nos contaron no telexornal.
Dende aquí queremos felicitar aos periodistas Pementeiros pola gran profesionalidade coa que levaron a cabo esta primeira emisión do telexornal. Parabéns compañeir@s!
E como di Alejandro no vídeo, xa sabedes, se queredes estar ao día vede a televisión do Rosalía!!

4 comentarios:

  1. Olaya mamá Cristina17 de octubre de 2018, 15:44

    Xa estou desexando ver os nosos pequenos sementeiros...

    ResponderEliminar
  2. Charo mamá de Aroa18 de octubre de 2018, 13:37

    Moi grandes estes pequechos!!!
    Seguiremos atentamente todas as novas.

    ResponderEliminar
  3. Que ben o fixeron estes Pementeir@s!!!
    Esperando a ver @s Sementeir@s!!!🤣

    ResponderEliminar