O venres pasado recibimos unha visita moi especial na aula porque o papi (si, si,... o primeiro papá que se atreve!!), e a mami de Iván viñeron a contarnos un conto moi divertido e sonoro de...
Aquí están as fotos da sesión
Despois dos aplausos Iván regalounos galletas. Pero non unhas galletas calqueras eh?... senón que estaban feitas pola súa madriña, que fai uns postres caseiros para chuparse os dedos (dou fe)
As profes de infantil quedamos encantadas coas galletas caseiras.
Que ben nos coidades!! moitas grazas!!
Agradecemos a visita de Raquel e de David, e desexamos que disfrutasen da experiencia tanto coma nós das galletas ;)
Vexo que estes papis fixeron un bo traballo co conto de Pepa Pig. Parece que os sementeiros/as estaban moi atentos á historia. E xa, a guinda do pastel, foi que nos agasallaran ás outras profes de infantil cunhas galletas que estaban de requetechupete!!! Boísimas! Moitas grazas!!!!!
ResponderEliminar