Cada día, cando chegamos a clase o primeiro que facemos é ir a comprobar como se atopan os nosos bulbos: se medraron, se a terra está seca e necesitan auga,... É unha actividade que nos entusiasma.
Estamos a cubrir un rexistro diario nun calendario mensual onde anotamos todo o que estamos a facer. É un traballo en equipo, e tod@s temos algunha tarefa cada día.
Os día tachados significan que os bulbos aínda non agromaron; os días rodeados son a partir do nacemento do bulbo; cando coloreamos o día de azul significa que regamos.
Xoel e Iria están buscando o día no calendario para marcalo
Cada equipo ten un calendario onde facer o rexistro
Breixo e o equipo formado por Candela, Daniel e Iván están regando
Nin que dicir ten, que este o noso traballo preferido, claro!
Cos nosos coidados diarios estos bulbos pronto nos obsequiarán con flores
No hay comentarios:
Publicar un comentario