jueves, 2 de mayo de 2013

Xogamos cos nosos Bulbos

A tarde do luns pasado adicámola a observar máis de preto a nosa plantación de bulbos.
O  primeiro que fixemos foi colocar as macetas en fila e contar cantas había en total. 
 O resultado foron 8 macetas. Comprobamos quen tiña na nosa lista de nomes o número 8 e a profe escribiuno no chan.
 Despois ordenámolas por tamaño, de maior a menor.
Este é o bulbo máis grande
Con algunhas macetas tivemos dúbidas así que as comparamos para poder colocalas na orde correcta
Cando chegamos ao final tod@s nos decatamos de que había un bulbo que todavía non agromara e dispuxémonos a averiguar o motivo. 


Desenterramos o bulbo e o primeiro que vimos foron as raíces ¡¡vaia susto!!
 O problema era que estaba nacendo torcido e enterrado. Colocámolo de novo na maceta e tapámolo para que puidese seguir crecendo. Ao día seguinte xa estaba dereitiño tomando o sol que lle chega pola ventana.
Hoxe, xoves, colocamos os calendarios correspondentes ao mes de maio e continuamos facendo o noso rexistro diario. 
Mirade as fotos
 Gústanos moito facer esta recollida diaria de datos; 
E se a profe non se acorda xa estamos nós para recordarllo:
profe, no hicimos el "rexistro"

1 comentario:

  1. POBRE PABLO. CADA MAÑANA ME LLEVA A LA VENTANA DE SU CLASE PARA QUE VEA SU PLANTA Y ÉSTA NO CRECE. LO LLEVA MAL PERO AHORA QUE ESTÁ SOLUCIONADO EL PROBLEMA ESPERO QUE PUEDA DISFRUTAR DE ELLA. IMPRESIONANTE COMO EST@S NIÑ@S SE HAN TOMADO TAN EN SERIO ESTA ACTIVIDAD.
    BESOS Y FELIZ DÍA DE LA MADRE!!!

    ResponderEliminar