viernes, 1 de diciembre de 2023

25N

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. No Rosalía non deixamos de conmemorar esta data e participamos na proposta do equipo de Dinamización da Lingua consistente en encher de bolboretas a árbore que está na entrada principal do cole. A bolboreta debía levar unha palabra que significara algo importante para nós e decidimos compoñer a palabra IGUALDADE porque ao longo da semana as lecturas dos contos estiveron relacionadas con esta temática. Cada día o conto protagonista era da nosa caixa violeta. 
 
 









 




 































Recibimos a visita do alumnado de 6º de primaria, que nos ensinou unha canción en linguaxe de signos










Oxalá algún día este tipo de conmemoracións non sexan necesarias



No hay comentarios:

Publicar un comentario