domingo, 17 de diciembre de 2023

Seguimos co Nadal

 Seguimos exprimindo ao máximo os últimos días do trimestre, rematando tarefas, facendo moitas manualidades e xogando con propostas navideñas. 

Xa temos as bolsas rematadas; esta semana rematamos pequenos detalles e xa están listas para levar os nosos traballos o vindeiro xoves.










As bolas que chegaron dende as casas decoran a aula de usos múltiples. Quedou espectacular !! moitas grazas pola vosa participación !!!













E falando de decoración,... os espazos de Educación Infantil xa están navideñamente engalanados
















Esta semana levouse a cabo a campaña solidaria "1 kilo por un libro" e foi todo un éxito grazas novamente á vosa implicación. Aquí están as fotos dalgúns participantes, pero foron moitos máis












Seguimos encendendo diariamente a nosa árbore e descubrindo as propostas do noso calendario.




 

Esta semana cantamos panxoliñas,...


fixemos unha guerra de cóxegas,...








 a proposta da sesión de fotos navideña foi moi divertida

























unha manualidade navideña que xa decora o noso corredor,...






































e contamos un conto onde o protagonista era un pequeno Papá Noel





As propostas de xogo e traballo desta semana estiveron relacionadas coa motricidade fina, o recoñecemento de figuras xeométricas, a observación e discriminación de siluetas, emparellamentos, quebracabezas con apoio visual, a asociación de cantidade con grafía ata o número cinco, a grafomotricidade e o xogo libre (xogo simbólico, ruleta dos nomes, construcións e animais, pizarra, xogos do recuncho do mar,...)













































































En gran grupo xogamos todos os días ao mémori (o xogo que máis gusta na Sementeira) e tamén enredamos coa P.D.I.











Recibimos un sobre por debaixo da porta invitándonos a buscar a "Tilín", o elfo que todos os anos visita o cole Rosalía para comprobar como se portan os nenos e nenas de Padrón. Visitamos a biblioteca, lemos o conto e seguindo as pistas buscamos o seu escondite
















Xa vedes que non paramos un intre!



No hay comentarios:

Publicar un comentario