domingo, 3 de diciembre de 2023

Poñemos a árbore de Nadal

 Chegou o último mes do ano cargado de actividades divertidas na Sementeira porque xa se achega o Nadal e iso non podemos deixar de festexalo!



Temos un calendario que cada día nos fará unha proposta relacionada con esta festa. O venres día 1 como non podía ser doutro xeito, a tarefa consistiu en montar a árbore. Tivemos que ir a xunto de Manolo para pedirlle pilas e así poder prender as luces, colocamos a decoración e,... listo!
























O venres tamén rematamos a nosa primeira manualidade para decorar o corredor. Lembrade que se o desexades, ao longo deste mes podedes mandarnos bolas de nadal feitas na casa para seguir decorando 😉




































Non esquecemos traballar e ao longo da semana levamos a cabo diferentes actividades; unha delas uniu destreza motora fina (pois tiñamos que picar pola liña de puntos e non de xeito libre como ata o de agora) e conceptos lóxico-matemáticos (traballamos a discriminación visual das figuras xeométricas: círculo, triángulo, cadrado e rectángulo)














 Estas son algunhas das propostas das que disfrutaremos ao longo desta semana






Co Nadal chega a época de ser solidari@s; dende o centro solicitaron material escolar pois o concello ten previsto realizar unha visita institucional ao Sáhara e varias familias sementeiras sumáronse á recaudación. Moitas grazas!

Seguimos practicando ioga e facendo o noso rexistro semanal no froitómetro. Na última sesión aprendemos posturas dos animais do mar seguindo os consellos dun vídeo de youtube; primeiro mirámolo na clase e despois marchamos para a aula de usos múltiples a practicar as asanas da tartaruga, o cangrexo, o tiburón e a estrela de mar

















E na anterior sesión convertémonos en leóns









Lembramos a pedra, o can boca abaixo, construímos unha ponte e boamos como bolboretas
























Ao longo deste mes as propostas na aula terán como temática común o Nadal. Déixovos aquí algunhas das fotos destas últimas semanas antes de empezar Decembro; traballamos conceptos que nos axudaron a coñecer diferentes figuras xeométricas, a asociar o número coa cantidade ata o tres e ata o cinco, deixamos voar a nosa imaxinación nos minimundos xogando cun arco da vella, os abecedarios non poden faltar e son dos xogos preferidos polos Sementeiros e Sementeiras, e os quebracabezas axudan a mellorar a nosa capacidade de concentración, lateralidade e orientación espacial
 

















































No hay comentarios:

Publicar un comentario