O 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres transformouse nos últimos anos nunha data sinalada nos centros educativos, un momento que permite reflexionar sobre o camiño percorrido polas mulleres para ver recoñecidos os seus dereitos e visibilizar a súa contribución en todas as facetas da vida. E sobre o que queda por percorrer para moitas mulleres e nenas.Ao longo da semana os contos protagonistas na Sementeira foron os da nosa caixa violeta
No centro levouse a cabo a actividade "As nosas Rosalías", consistente na decoración dunha caixa para homenaxear a unha deportista galega. Na Sementeira escollemos a figura de Ana Peleteiro e ao longo da semana adicámonos a coñecela e a realizar a caixa. Este foi o resultado
AS MULLERES SEREMOS O QUE QUEIRAMOS SER
No hay comentarios:
Publicar un comentario