martes, 26 de marzo de 2024

Pascua

 Chegou a Pascua e as merecidas vacacións que poñen punto e final ao segundo trimestre de curso; ao longo destes meses os encargados e encargadas foron asumindo novas responsabilidades (ir a xunto do conserxe a pedirlle fotocopias é toda unha aventura) e tamén tarefas pois na hora do panel incrementamos as actividades: pasamos lista recoñecendo o nome de todos os compañeiros e compañeiras, empregamos o calendario, ordeamos a serie numérica ata o dez, realizamos sumas sinxelas, escribimos de xeito autónomo o noso nome, levamos a cabo actividades de conteo e finalizamos contando un conto de xeito teatralizado
























































































































Bolsas e portadas xa están nas vosas casas

😉























Coa chegada da primavera demos por inaugurada a época dos picnics e comezamos a disfrutar do patio traseiro, que tamén decoramos con flores para anunciar a nova estación. Tampouco esquecemos regar os chícharos que plantamos para que sigan medrando fortes















































Déixovos por aquí tamén fotos da última sesión de ioga do trimestre; o rexistro do froitómetro vai vento en popa, e pronto acadarán o seu premio!








As propostas de xogo libre estas dúas últimas semanas tiveron como nexo común a Pascua: actividades grafomotrices e de agudeza visual, quebracabezas, series de dous elementos,... foron os últimos enredos do mes de marzo























































Dende fai varios anos, e con motivo da celebración do Día da Paz, elabórase un mural no patio. Este ano pretende transmitir unha mensaxe antibelicista, de igualdade, diversidade,comprensión e solidaridade. A profe Teté é a encargada de supervisar esta fermosa tarefa e nós botámoslle unha man organizándonos para que, mentres uns pintan outros xoguen coas construcións no patio; todavía non está rematado pero o que se pode ver xa se anticipa espectacular!

































Remato esta entrada coas fotos da actividade sen dúbida máis emocionante de toda a semana pois o coelliño de Pascua fixo das súas e escondeu unha morea de ovos de chocolate polo patio para nós; estivemos na biblioteca vendo unha curta animada e ao baixar atopamos a sorpresa agardando por nós




































Festexamos tod@s xunt@s no patio cun gran picnic!






No hay comentarios:

Publicar un comentario