Seguimos aproveitando os últimos días do trimestre para continuar aprendendo cousas relacionadas coa prehistoria, os volcáns e os dinosaurios, e tamén seguen chegando materiais ao noso recuncho
Fai un tempo (alá polo Entroido) coñecemos o que era un dolmen e averiguamos que o seu nome significa "mesa grande de pedra". Tiñamos pendente amosarvos esta actividade, seguindo o modelo debuxamos un dolmen no encerado e despois fixemos unha tarefa impresa
As últimas propostas non tiveron o éxito esperado pois nesta última parte do trimestre os nenos e nenas prefiren o xogo simbólico e as construcións; aínda así sempre temos quen se anima a pasar un rato facendo series de dous elementos, xogando co abecedario, realizando grafismos, buscando números ou compoñendo palabras 😉
Un cadro de dobre entrada prehistórico mantívonos ocupados moito tempo e resultounos unha tarefa bastante complicada
Sen embargo, a actividade "Mermelada de sílabas" que todos os días realizamos ao rematar o panel, sí nos gusta moito! traballamos a conciencia fonolóxica de xeito lúdico, unha habilidade básica para iniciarnos na pre-lectura
No hay comentarios:
Publicar un comentario